Friday 22 de November de 2024

O Concello de Ordes remata as labores de arranxo do tellado da antiga escola unitaria


Nas vindeiras semanas iniciarase unha segunda fase que inclúe traballos de carpintería exterior, labores de pindado e arranxo de fachadas

O Concello de Ordes vén de rematar nestes días os traballos de reforma e mellora da antiga escola unitaria, situada na rúa Galicia. Unhas labores englobadas dentro da primeira fase de proxecto e que se centraron no arranxo do tellado do inmoble.
Concretamente procedeuse co cambio da cuberta para evitar filtracións e humidades no interior, e co seu nivelado con respecto á edificación contigua. Según estimacións do Concello a segunda fase das obras iniciarase ao longo das vindeiras semanas, incluíndose o cambio de carpintería exterior, labores de pintura e arranxos na fachada.
O presuposto total de execución ascende a preto de 50.000 euros. Por parte da Deputación da Coruña outorgouse unha subvención de 5.000 euros para o seu pagamento, nunha edificación que actualmente o se dedica a uso social e formativo, tanto para os veciños e veciñas de Ordes como para os do resto da comarca.