Un reducido grupo de nove persoas, que gardou a distancia de seguridade aconsellada polas autoridades sanitarias e utilizou mascarilla e luvas, participou onte á tarde na xornada de formación organizada polo #ConcellodeTouro para dar a coñecer as medidas hixiénico-sanitarias fronte á #COVID19 para a hostalaría e o comercio local de Touro. A xornada de formación, en horario de 16.00 a 19.00 horas, tivo lugar na Casa da Cultura de Touro.
A empresa formadora CVV INFORAID, que conta con persoal cualificado en seguridade alimentaria, emitirá un certificado acreditativo da formación impartida. Os asistentes cumpriron as indicacións das autoridades sanitarias. O espazo onde se fixo a xornada foi desinfectado e ventilado. A xornada abordou información sobre á COVID19, e tratou todas as medidas hixiénico-xanitarias necesarias fronte ao coronavirus, entre as que estiveron o uso de máscaras e equipos de protección e a xestión de residuos.