En total rexistraronse 33 casos de contaxio, pero xa houbo 28 persoas que foron dadas de alta, e só hai dous casos activos
O Concello de Padrón actualizou os datos de contaxio de coronavirus e, segundo a información facilitada polo Centro Médico municipal, na vila rexistraronse un total de 33 casos de contaxio polo virus COVID-19 ao longo destes meses. Se ben, na actualidade só hai dous casos activos, o que supón que nas últimas semanas houbo numerosas altas. En total, 28 persoas foron dadas de alta neste período, é dicir, dende a última semana rexistraronse catro novas altas. Respeto ao número de falecementos, rexistraronse tres mortes por coronavirus en Padrón.
O alcalde de Padrón mostrou a súa satisfacción polos datos que trasladaron dende o centro médico. “Non podemos baixar a garda, pero parece que estamos na senda da recuperación. Por suposto, temos que seguir insistindo nas medidas de seguridade recomendadas polas autoridades sanitarias”.
Á espera de entrar na Fase II, o Concello de Padrón non rexistrou incidencias destacables no cumprimento da normativa ao longo destas semanas da Fase I. O executivo local continua traballando para, en primeiro lugar, protexer a sociedade e, en segundo lugar, para recuperar a economía da vila.
Esta fin de semana de novo volvese celebrar o mercado, pero só cos produtos agroalimentarios, ganadeiros e cos produtos perecedoiros. Os vixiantes do mercado, a polícia local, o GES e o equipo de protección civil estarán atentos durante toda a xornada para que se cumpran as normas de seguridade e as medidas hixiénico-sanitarias establecidas.