Saturday 16 de November de 2024

Feijoo destaca o labor dos grupos de emerxencias e Protección Civil durante a crise do coronavirus


 

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou hoxe en Curtis o traballo que están levando a cabo os grupos de emerxencias supramunicipais (GES) e os servizos municipais de Protección Civil durante a crise do coronavirus.

Nesa liña, incidiu en que durante esta crise sanitaria estes grupos de emerxencias supramunicipais están realizando labores de desinfección, apoio aos servizos sociais en atención a persoas maiores, reparto de alimentos, etc.

Na visita estiveron os alcaldes de Curtis, Noia, Muros, Ponteceso e Monterroso, que recolleron cadanseu furgón de útiles varios (FUV) para os GES e servizos municipais de Protección Civil que teñen base nos seus concellos. A mancomunidade de municipios do Val Miñor tamén recibiu un destes vehículos.

A utilidade esencial dos FUV é o transporte do persoal e material dos GES e servizos municipais de Protección Civil nas diferentes intervencións de emerxencia nas que participan, como salvamento, rescate, incendios en accidentes de tráfico, incendios urbanos e industriais, etc.