Friday 22 de November de 2024

O IMCE apraza os concertos de Loquillo e Óscar Rosende & Great Straits para o ano 2021


 

Esta mañá tivo lugar en María Pita a reunión ordinaria do Consello Rector deste organismo, que decidiu aprazar para o ano que vén estes espectáculos do Coliseum e do Teatro Colón

Esta mañá tivo lugar no pazo municipal de María Pita unha reunión ordinaria do Consello Rector do Instituto Municipal Coruña Espectáculos (IMCE), en que se aprobou o aprazamento para o ano 2021 do
concerto de Loquillo, no Coliseum, e do de Óscar Rosende & Great Straits, no Teatro Colón, por mor da crise do coronavirus.
Entre outros asuntos que se trataron no consello de hoxe, tamén destaca a aprobación da prórroga do contrato para o servizo de proxeccións do cine no Fórum Metropolitano.