Friday 22 de November de 2024

A Xunta de Galicia realiza un novo envio de 3.560 unidades de material de protección para facer fronte á covid-19 ás residencias e entidades sociais da comarca de Bergantiños-Costa da Morte


Esta semana enviouse unha nova partida de 1.600 luvas, 1.776 máscaras e 184 traxes antisalpicaduras
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, informou que a Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con. Nesta área de Bergantiños-Costa da Morte o séptimo envío desta semana inclúe 1.776 máscaras, 1.600 luvas e 184 traxes antisalpicaduras.

Ademais, os centros sociais de Bergantiños-Costa da Morte tamén recibiron esta semana botes de xel hidroalcohólico e garrafas de 5 litros de desinfectante. No reparto de material tivéronse en conta as peticións que os propios centros e entidades trasladaron á Xunta tendo en conta as súas necesidades actuais.

Ata o de agora, o Goberno galego leva realizado sete envíos de material aos centros sociais da provincia que suman máis de máis dun millón de unidades de protección.

Estas entregas estanse a realizar a través da plataforma loxística que o Goberno galego puxo en marcha para centralizar a adquisición e a distribución de material de protección durante o estado de alarma e a emerxencia sanitaria polo coronavirus.

Ovidio Rodeiro puxo en valor “a colaboración institucional da Xunta de Galicia coas entidades sociais” para “sumar esforzos” para contribuír na loita contra a expansión do virus.

Ademais, engadiu que “os envíos da Xunta de Galicia á comarca continuarán nas vindeiras semanas para garantir a protección das persoas que se atopan na primeira liña na loita contra o coronavirus”.