O alcalde do Concello de Noia, Santiago Freire Abeijón, e a
concelleira de Economía e Facenda, Laura Salgado García, fixeron entrega ao director de
Cáritas Parroquial de Noia, Juan Carlos Pérez Oviedo, de 10 pantallas e 500 máscaras de
protección. As dez pantallas serán entregadas ás persoas que prestan os seus servizos nesta
entidade, mentres que as máscaras serán repartidas entre as persoas vulnerables do municipio
e que reciben a axuda desta entidade.

![María Esther Carrodeguas chega a Muxía con O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada, unha proposta de auto[non]ficción dentro do ciclo Outono en Escena](https://acoruñanarede.gal/wp-content/uploads/2025/11/ser-delgada-520x360.jpg)

