Friday 22 de November de 2024

O Concello de Vimianzo comeza o reparto dos soportes de hidroxel e ‘kits’ de material de protección para o tecido empresarial


Esta mañá comezáronse a entregar estes produtos para garantir a correcta hixiendos establecementos locais.
O Concello de Vimianzo xa comezou a repartir os soportes de hidroxel e os ‘kits’ de material de protección para os establecementos abertos nesta fase 1.
Desde o Consistorio, e a través da páxina web, implementouse un formulario web que recolle preguntas sobre economía e sanidade, para facer un varrido de ideas e completar posteriormente unhas bases coas
que se coordinará o reparto cos establecementos.
Tratase de elementos destinados á suxeición de dispensadores de xel hidroalcólico. Son pezas configuradas de xeito artesanal por parte do corpo de traballadoras e traballadores e haberá varias modalidades de diversos cores. Levarán o logotipo do Concello, coa identidade da torre do
Castelo como imaxe principal. Búscase así aumentar as medidas hixiénicas nas dependencias municipais de cara ás medidas de desescalamento e a volta á “nova normalidade”.
Ademais, dentro das caixas, apórtase xel, luvas e mascarillas para os propietarios que rexentan as tendas que permanecen abertas nesta fase do desescalamento.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradécelle a GERCA “o seu traballo e a pronta adaptación ao contexto sanitario que estamos a vivir ”e asegurou que “desde o goberno continuaremos apostando polas empresas locais xa que é de agradecer a enorme iniciativa que está a ter o noso tecido empresarial, que de por si é moi forte”.
A rexedora rematou destacando que “estes produtos servirán para aumentar a seguridade das veciñas e veciños de cara á apertura progresiva da nova vida”.