Friday 22 de November de 2024

O Concello de Miño prepárase para a volta á actividade administrativa presencial


Procedeuse á instalación de biombos de seguridade nos mostradores de atención ao público, así como nos despachos.
O Concello de Miño dá un paso máis na garantía de seguridade e protocolos de hixiene en materia de procedementos
administrativos municipais. Procedeuse á instalación de biombos de seguridade nos mostradores de atención ao público, así como nos despachos, unhas medidas coas que se busca protexer aos traballadores, pero tamén aos veciños e veciñas que teñan que acudir ao Concello para realizar calquera xestión ou trámite.
Desde o goberno local han querido impulsar esta medida para a reactivación novamente do traballo presencial no consistorio, anticipándose así #ante a volta a esa “nova normalidade”, que requirirá da
volta á actividade nas oficinas.
O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, apunta que “temos que estar preparados para retomar a actividade aos poucos, e aínda que o Goberno aconsella manter o teletraballo na medida do posible, sabemos que en materia administrativa os trámites presenciais son fundamentais. Tamén o é para nós manter unhas condicións idóneas de hixiene e protección tanto de veciñas e veciños como dos nosos traballadores, e por iso levaremos a cabo unha serie de protocolos que comezaron coa instalación destes biombos”, comentaba o rexedor miñense.