O Concello de Touro organiza unha xornada de formación para dar a coñecer as medidas hixiénico-sanitarias fronte á COVID19 para a hostalaría e o comercio local de Touro. A xornada de formación será o próximo martes, día 19 de maio, en horario de 16.00 a 19.00 horas en modalidade presencial. O lugar de celebración: Casa da Cultura de Touro. Os interesados poden chamar ao 658.065.535.
A empresa formadora CVV INFORAID, que conta con persoal cualificado en seguridade alimentaria, emitirá un certificado acreditativo da formación impartida. Os asistentes, un máximo de 10 persoas, deberán cumprir as indicacións das autoridades sanitarias. É obrigatorio acceder á aula protexido con máscara hixiénica e luvas e gardar a distancia de seguridade. A xornada abordará información sobre á COVID19, e tratará todas as medidas hixiénico-xanitarias necesarias fronte ao coronavirus, entre as que están o uso de máscaras e equipos de protección e a xestión de residuos.