Debido á baixa da concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Diana Cabanas, as áreas de Turismo e Festas serán delegadas no concelleiro Juan Ignacio Borrego e as competencias de Coemrcio e Mercados á edila Esther Fontán
A alcaldesa, Inés Rey, reestrutura as competencias das áreas de Turismo, Comercio, Mercados e Festas debido á baixa da concelleira Diana Cabanas. Deste xeito, e á vista do artigo 12 da Lei 7/1985,
modifícanse os seguintes aspectos:
• Revógase a delegación da área de Goberno de Turismo, Comercio e Mercados, na concelleira Diana Cabanas e deléganse as competencias de Turismo e Festas no primeiro tenente de alcaldesa e concelleiro de Deportes, Juan Ignacio Borrego.
• As competencias de Comercio e Mercados deléganse na terceira tenente de alcaldesa concelleira de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Esther Fontán.
• Á área de goberno de Deportes, Turismo e Festas quedará adscrito o Consorcio de Turismo e Congresos da Coruña e as seguintes concesións de dominio público: Cafetería Atalaia (Xardíns de Méndez Núñez), Cafetería Copacabana (Xardíns de Méndez Núñez), Praia Club (Andén de Riazor), Hotel Atlántico (Avenida do Porto). En calquera caso, a xestión ordinaria destes inmobles será responsabilidade da área do Goberno competente en materia de interior.
• Á área de goberno de Medio Ambiente e Sustentabilidade, Comercio e Mercados quedarán adscritos os Locais Comerciais de Durmideiras,
Farmacia Polígono de Durmideiras, locais comerciais Praza de España- esquina R/ San Roque, Mercado de Monte Alto, supermercado do Mercado
Monte Alto (incluído aparcadoiro), Mercado de San Agustín, supermercado do Mercado de San Agustín, Mercado de Eusebio da Guarda (incluído aparcadoiro), Mercado de Elviña (incluído aparcadoiro e galerías comerciais), Mercado das Conchiñas, Mercado de Inés de Castro, concesións destinadas a hostalaría e outros usos desvinculados de instalación e edificios de responsabilidade doutra área, e o Recinto Feiral (inclúe aparcadoiro).