Friday 22 de November de 2024

Xoel Costa, Brais Garea e Carlota Ramos gañan o Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe do Concello de Oroso


O alcalde de Oroso, Manuel Mirás, entregou durante a Festa de Reis os premios do tradicional Concurso de Postais de Nadal con Mensaxe do Concello de Oroso. Os gañadores deste ano son Xoel Costa Castiñeiras (categoría de 4 a 6 anos), Brais Garea Rodríguez (categoría de 7 a 9 anos) e Carlota Ramos Brocos (categoría de 10 a 13 anos). A categoría de maiores de 14 anos foi declarada deserta.

Todos eles levaron como premio un lote de libros e as súas postais serviron para felicitar o Nadal a centos de veciños, pois estiveron dispoñibles a través da páxina web do Concello de Oroso (www.concellooroso.com) dende o pasado 16 de decembro, data na que se fixo público o fallo do xurado.