Friday 22 de November de 2024

Obras Miño


 

O Concello de Miño levou a cabo os traballos de aglomerado en Viadeiro, así como na vía que conecta Sambollo, Nigrofe e Bolo, e co fin de mellorar as comunicacións en todo o termo municipal.

Trátase de obras licitadas con anterioridade, e que co contexto sanitario recente non se puideron levar a cabo. Coa nova situación, o Concello retomou estas tarefas, supoñendo non só unha situación de mellora de conexións no municipio, senón tamén de reactivación económica.