A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradécelle á empresa vimiancesa “a adaptación tan rápida ao contexto sanitario que estamos a vivir” e asegurou que “desde o Concello estamos recibir moitos cuestionarios que recollen as inquedanzas dos empresarios locais”.
O Concello de Vimianzo ultima os detalles para repartir os soportes de GERCA nos establecementos que abran a partir da fase 1. A alcaldes de Vimianzo, Mónica Rodríguez, agradeceulle á empresa vimiancesa, punteira no sector da metalurxia, “a adaptación tan rápida ao contexto que estamos a vivir”, e asegurou que “desde o Concello estamos a recibir moitos cuestionarios que recollen as inquedanzas dos empresarios locais.”
Desde o Consistorio, e a través da páxina web, implementouse un formulario web que recolle preguntas sobre economía e sanidade, para facer un varrido de ideas e completar posteriormente unhas bases coas
que se coordinará o reparto cos establecementos. Xa se recolleron máis de 100 formularios cumplimentados.
Tratase de elementos destinados á suxeición de dispensadores de xel hidroalcoólico. Son pezas configuradas de xeito artesanal por parte do corpo de traballadoras e traballadores e haberá varias modalidades de diversos cores. Levarán o logotipo do Concello, coa identidade da torre do Castelo como imaxe principal. Búscase así aumentar as medidas hixiénicas nas dependencias municipais de cara ás medidas de desescalamento e a volta á “nova normalidade”.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradécelle a GERCA “o seu traballo e a pronta adaptación ao contexto sanitario que estamos a vivir ”e asegurou que “desde o goberno continuaremos apostando polas empresas locais xa que é de agradecer a enorme iniciativa que está a ter o noso tecido empresarial, que de por si é moi forte”.
A rexedora rematou destacando que “estes produtos servirán para aumentar a seguridade das veciñas e veciños de cara á apertura progresiva da nova vida”.