Sunday 24 de November de 2024

O alcalde destaca que as obras do lago de Meirama garanten que ACoruña e a súa área metropolitana sexan un “territorio con auga no futuro”


O proxecto, froito da colaboración do Concello coa Xunta, permitirá duplicar a capacidade de abastecemento ao conectar Meirama co encoro de Cecebre

O alcalde da Coruña, Carlos Negreira, acompañado da conselleira de Medio, Territorio eInfraestruturas, Ethel Vázquez, visitou esta mañá as obras que se executan no lago de Meirama e que permitirán contar na Coruña e a súa área metropolitana cunha reserva adicional de auga.
Carlos Negreira destacou que o novo proxecto é “froito do diálogo e a cooperación” do Concello da Coruña coa Xunta e a área metropolitana para ser un “territorio” con auga” no futuro” e, polo tanto, dispoñer de boa auga e dunha boa subministración” coa incorporación do lago de Meirama á rede de abastecemento na bisbarra.
O Concello coruñés asinou en 2012 un convenio de colaboración coaXunta de Galicia polo que se asegura a subministración de auga para a bisbarra e converte A Coruña no protagonista do encoro de Cecebre ao asumir a xestión e explotación da presa.
O alcalde recordou que estas obras coinciden en 2015 co 110 aniversario da Empresa Municipal de Augas (Emalcsa), polo que, como hai máis dun século, se volve garantir a auga a todos os coruñeses e a área metropolitana. Nesta mesma liña, a conselleirade Medio, Territorio e Infraestruturas destacou que se trata dunha “obra estratéxica” para A Coruña e a súa área metropolitana ao duplicar a capacidade de abastecemento de auga. A primeira fase, que consiste na obra de captación e condución da auga, a través de canalizacións de Meirama a Cecebre, está executada ao 60% e supón un investimento de 1,9 millóns de euros.
Carlos Negreira asegurou que estas obras en lago de Meirama se suman a outras actuacións executadas dende o Goberno municipal para pechar o ciclo integral da auga:
. O Plan Director 2011-2016 para garantir a subministración de auga. Cun presuposto de 40 millóns de euros, o alcalde sinalou que xa se investiron 25 millóns na execución destas “autoestradas da auga”.
. O “acordo pioneiro en España” que permitiu crear a empresa supramunicipal EDAR BENS, integrada polos municipios da Coruña, Arteixo, Cambre, Culleredo e Oleiros e que garante o saneamento da auga. “É un exemplo de xestión a nivel nacional”, engadiu o alcalde.
. Incorporar a tecnoloxía ao servizo da auga, con preto de 2 millóns de euros para a telexestión da rede de abastecemento e saneamento, o que contribúe a mellorar o control da calidade da auga.
. Convenios con outras administracións e entidades, como o acordo das empresas públicas da auga da Coruña e Sevilla (Emalcsa e Emasesa, respectivamente) para promover o intercambio de experiencias e a investigación e colaboración científica e tecnolóxica para mellorar a xestión do ciclo integral da auga e dar un mellor servizo aos cidadáns.