O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, sinala que “a Policía controlará en todo momento que se cumpren as recomendacións sanitarias, aínda que confiamos no bo facer das nosas veciñas e veciños, como ata o de agora”, sinala.
O Concello de Miño intensifica as tarefas de limpeza e desinfección na contorna de Rabazal de fronte ao mercado de mañá. O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, sinala que “a Policía controlará en todo momento que se cumpren as recomendacións sanitarias, aínda que confiamos no bo facer de nuestars
veciñas e veciños, como ata o de agora”, sinala o rexedor.
Os operarios de Vázquez Garzón S.L levaron a cabo estes traballos desde primeira hora da mañá,
aplicando o produto desinfectante para que as condicións hixiénicas sexan óptimas. Trátase do primeiro
mercado que se celebra en Miño desde que se decretase o pasado 14 de maio o estado de alarma.