Saturday 16 de November de 2024

A Xunta de Galicia leva entregadas aos concellos da comarca do Barbanza 64.700 unidades de material de protección para facer fronte á Covid-19 desde o inicio da crise


Esta mesma semana enviouse unha nova partida de 2.400 luvas, 4.300 máscaras e 145 traxes antisalpicaduras
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou nunha nova reunión do Posto de Mando Avanzado, no encontro fíxose balance de todo o material entregado aos concellos e as residencias da provincia desde o inicio da crise do coronavirus.

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da comarca do Barbanza a partida inclúe 4.300 máscaras, 2.400 luvas, 145 traxes antisalpicaduras e 41 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área do Barbanza 6.886 unidades de protección esta semana.

Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca do Barbanza en conxunto, 64.700 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 36.950 máscaras, 26.550 luvas e 1.201 traxes, enviados en doce entregas desde o inicio da crise do coronavirus.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

Ademais, desde a Xunta realizouse tamén un novo envío de material de protección a 4 residencias e entidades sociais dos concellos da área do Barbanza, concretamente a centros de Boiro, A Pobra do Caramiñal e Ribeira. En total, 3.164 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións do Barbanza, 2.200 luvas, 752 máscaras e 212 traxes antisalpicaduras.

MATERIAL DE PROTECCIÓN ENVIADO Á COMARCA DO BARBANZA DESDE O INICIO DA CRISIS DO CORONAVIRUS

CONCELLO LUVAS TOTAL MASCARILLAS CIRÚRXICAS TOTAL TRAXES, BATAS,BUZOS TOTAL
Boiro 3190 5044 124
Carnota 1600 1995 120
Lousame 2440 1861 66
Mazaricos 2240 1962 44
Muros 2240 3216 116
Noia 2590 4109 116
Outes 2290 2576 162
Pobra do Caramiñal, A 2090 3238 115
Porto do Son 1990 3041 98
Rianxo 2390 3598 116
Ribeira 3490 6310 124
TOTAL 26550 36950 1201