Friday 22 de November de 2024

A Xunta de Galicia leva entregadas aos concellos da comarca de Ferrolterra 131.745 unidades de material de protección para facer fronte á Covid-19 desde o inicio da crise


Esta mesma semana enviouse unha nova partida de 6.100 luvas, 8.500 máscaras e 325 traxes antisalpicaduras
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou nunha nova reunión do Posto de Mando Avanzado, no encontro fíxose balance de todo o material entregado aos concellos e as residencias da provincia desde o inicio da crise do coronavirus.

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da área e da cidade de Ferrol a partida inclúe 8.500 máscaras, 6.100 luvas, 325 traxes antisalpicaduras e 97 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área de Santiago 15.022 unidades de protección esta semana.

Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca de Ferrolterra incluída a cidade en conxunto, 131.745 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 66.932 máscaras, 62.600 luvas e 2.213 traxes, enviados en doce entregas desde o inicio da crise do coronavirus.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

Ademais, desde a Xunta realizouse tamén un novo envío de material de protección a 18 residencias e entidades sociais dos concellos da área da Coruña, concretamente a centros de Ferrol, Narón, Cedeira, Fene, Moeche, Pontedeume, As Pontes, San Sadurniño e Valdoviño. En total, 24.205 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións de Ferrol, 17.100 luvas, 5.949 máscaras e 1.156 traxes antisalpicaduras.

MATERIAL DE PROTECCIÓN ENVIADO Á COMARCA DE FERROLTERRA DESDE O INICIO DA CRISIS DO CORONAVIRUS

CONCELLO LUVAS TOTAL MASCARILLAS CIRÚRXICAS TOTAL TRAXES, BATAS,BUZOS TOTAL
Ares 3890 2722 56
Cabanas 1600 1890 120
Capela, A 800 883 79
Cedeira 2790 2973 89
Cerdido 800 866 79
Fene 2290 3890 160
Mañón 800 901 79
Moeche 800 881 79
Monfero 1500 1640 107
Mugardos 2490 2523 55
Narón 4190 8315 124
Neda 2590 2565 84
Ortigueira 2090 2407 99
Pontedeume 2790 3384 97
Pontes de García Rodríguez, As 3090 3718 123
San Sadurniño 1600 1817 120
Somozas, As 800 863 79
Valdoviño 2090 2738 105
Vilarmaior 1500 1064 33
Cariño 1600 1982 120
TOTAL 40100 48022 1887