Friday 22 de November de 2024

A Xunta de Galicia leva entregadas aos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte 82.663 unidades de material de protección para facer fronte á Covid-19 desde o inicio da crise


Esta mesma semana enviouse unha nova partida de 3.300 luvas, 5.250 máscaras e 184 traxes antisalpicaduras
O delegado territorial da Xunta na Coruña, Ovidio Rodeiro, participou nunha nova reunión do Posto de Mando Avanzado no encontro fíxose balance de todo o material entregado aos concellos e as residencias da provincia desde o inicio da crise do coronavirus.

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte a partida inclúe 5.250 máscaras, 3.300 luvas e 184 traxes antisalpicaduras e 51 pantallas de protección. En total, enviouse aos concellos da área de Bergantiños-Costa da Morte 8.785 unidades de protección esta semana.

Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca de Bergantiños-Costa da Morte en conxunto, 82.663 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 43.259 máscaras, 37.880 luvas e 1.524 traxes antisalpicaduras, enviados en doce entregas desde o inicio da crise do coronavirus.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia..

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

Ademais, desde a Xunta realizouse tamén un novo envío de material de protección a 9 residencias e entidades sociais dos concellos da área de Bergantiños-Costa da Morte, concretamente a centros de Carballo. Cee, Fisterra, A Laracha e Vimianzo. En total, 3.330 Epis. Enviáronse as residencias e asociacións de Bergantiños-Costa da Morte 2.400 luvas, 754 máscaras e 176 traxes antisalpicaduras.

MATERIAL DE PROTECCIÓN ENVIADO Á COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE DESDE O INICIO DA CRISIS DO CORONAVIRUS