Thursday 21 de November de 2024

Un total de 364 familias ribeirenses reciben atención social de forma coordinada entre o concello, Cáritas e ICE Renovación


 

Un total de 364 familias do familias do municipio ribeirense están a recibir algún tipo de atención social a estas alturas do estado de alarma, segundo foi comunicado hoxe no transcurso da Comisión de Seguimento da Evolución do COVID-19. Desas 364 familias, 167 son atendidas directamente a través do Departamento de Servizos Sociais, mentres que 115 reciben cobertura dende Cáritas Parroquial e 82 dende ICE Renovación, dúas entidades que traballan en coordinación co Concello.

Cómpre lembrar a este respecto que xa nos primeiros días de confinamento o Concello autorizou un gasto mínimo para emerxencia social de 100.000 euros, ampliable se fose necesario, dos cales 10.000 foron destinados con carácter inmediato a produtos para os bancos de alimentos das dúas citadas organizacións benéficas: bancos que se foron engrosando con novas doazóns tanto públicas como privadas.

Por outra parte, na Comisión deixouse constancia de que, de acordo co solicitado polo Concello de Ribeira o 5 de maio, a Delegación de Goberno en Galicia vén de confirmar que en núcleos de poboación inferiores aos 5.000 habitantes non rexe a adopción de franxas horarias de saída, ó cal é aplicable a todas as parroquias do noso municipio agás a de Santa Uxía.

Xulgados
Así mesmo, acordouse solicitar ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia e á Xunta de Galicia a dotación de material para que os Xulgados de Ribeira poidan contar cunha segunda sala de videoconferencias á maiores da que xa teñen.

Tamén se tomou a decisión de seleccionar 12 persoas para a brigada municipal de obras por un período de 6 meses para mantemento de servizos esenciais, para o que se convocará e constituíra unha bolsa de emprego.