O equipo de goberno coordinou un equipo de vixilancia para garantir o cumprimento de todas as medidas de seguridade e hixiene, e o GES desinfectará o espazo do mercado antes e despois da súa celebración
O Concello de Padrón reabre o seu tradicional mercado dominical, pero
como un mercado de mero aprovisionamento. Tal e como establece a norma autonómica, só
poderán abrir os postos de produtos agrícolas ou gandeiros de alimentación, polo que o mercado
de Padrón reducese ao 10% da súa capacidade habitual, con case 50 postos. O equipo de
goberno de Padrón encargou ao GES a limpieza e desinfección do espazo no que se
desenvolverá este atípico mercado antes e despois da celebración do mesmo. Ademais, o alcalde
e os concelleiros coordinaron un equipo de vixilancia, formado pola Policía Local, dous vixiantes,
Protección Civil e o GES, para garantir que se cumpren todas as normas de seguridade e de
hixiene durante o transcurso do mercado. O alcalde de Padrón sinalou que “é moi importante ir
recuperando a actividade económica pouco a pouco, pero sempre coas máximas precaucións e
extremando as medidas de protección hixiénico-sanitarias”.
A Xunta de Galicia permitiu dende o 4 de maio a reapertura dos mercados de proximidade, en
función do avance temporal do estado de alarma e da constatación de datos de evolución positiva
na loita contra a pandemia do coronavirus. O Consellería de Medio Rural publicou unha
modificación da Orde do 24 de marzo para posibilitar a apertura destas feiras. Se ben, os
mercados locais só poderá vender produtos agroalimentarios e os postos deberán cumprir unha
serie de normas específicas para que o desenvolvemento desta actividade non supoña ningún
risco para a saúde. Do mesmo xeito, o aforo e o número de postos deben reducirse para evitar
riscos para a saúde pública. Así, debe garantirse unha limitación ao 25% dos postos habituais ou
autorizados e unha afluencia inferior a un termo do aforo habitual. Os postos deberán separarse
por unha vía de transito e cunha distancia mínima entre eles de 6 metros, permitíndose unha
separación mínima de 4 metros entre os laterais. As persoas vendedoras deberán gardar entre si
unha distancia mínima de 2 metros, quedando restrinxida a actividade comercial a un único
operador no caso de que as medidas do posto non fagan posible esta separación física. Ademais
recoméndase aos responsables dos postos poñer a disposición da clientela luvas desbotables, e é
indispensable para tocar os produtos en venda. Tamén se recomenda contar con dispensadores
de xel desinfectante para uso, tanto dos vendedores como dos usuarios.
Pola súa parte, a Policía Local de Padrón lembra aos usuarios que queda prohibido estacionar
entre as 07:00 e as 15:00 horas na zona do Souto, espazo no que habitualmente todos os
domingos se celebraba este mercado en Padrón.