A través desta actividade, a veciñanza poderá enviar pinturas e debuxos, que posteriormente conformarán unha exposición.
O Concello de Malpica propón a iniciativa ‘Xanelas abertas’ para finalizar o compendio cultural proposto durante o estado de alarma.
A través desta actividade, a veciñanza poderá enviar pinturas e debuxos, que posteriormente conformarán unha exposición en lembranza da crise sanitaria que estamos a vivir.
Con “Xanelas abertas”, impulsada desde a concellería de Cultura do Concello de
Malpica, buscouse darlle valor a un elemento vertebrador da nosa sociedade: a cultura.
Neste tempo de confinamento resulta indispensable manterse activa e que isto sirva para compendiar material a modo de imaxe, debuxo ou texto en lembranza por e para sempre do ocorrido.
A concelleira de Cultura, Leticia Varela, quixo destacar que “trátase da guinda a unha serie de traballos previos non só para manternos ocupadas durante o confinamento, senón tamén para resaltar o valor da cultura e de crear recordos, que nos conforman como sociedade ao fin e ao cabo”, finalizou.