Este material sanitario será repartido nos vindeiros días entre o persoal dos servizos municipais, das empresas concesionarias e dos sectores máis vulnerables da cidade
A alcaldesa, Inés Rey, recibiu esta mañá unha doazón de 36.500 máscaras protectoras por parte da subdelegada do Goberno en Galicia, Pilar López-Rioboo, na sede da Delegación do Goberno.
Este lote de material sanitario doado comezará a ser repartido entre o persoal dos servizos municipais, das empresas concesionarias e dos sectores máis vulnerables da cidade. Ademais, o concello anunciará nos vindeiros días novos repartimentos de material sanitario aos sectores que proximamente deberán iniciar a desescalada.
Inés Rey agradeceu “a doazón deste material sanitario, que achegaremos tanto ás empresas que traballan prestando servizos municipais, como aos colectivos máis vulnerables”.