Friday 22 de November de 2024

O Concello de Carral pon en marcha dúas vías de asesoramento para o tecido empresarial do municipio


O goberno local habilita este novo servizo co obxectivo de axudar ás persoas autónomas e aos empresarios do concello.

O Concello leva semanas traballando para paliar o impacto da crise sanitaria polo COVID-19 no municipio. Entre a batería de medidas, o goberno local está a centrar parte dos seus esforzos en axudar ás compañías que forman parte do tecido empresarial de Carral. O Concello acaba de poñer en marcha dúas vías de asesoramento para persoas autónomas e negocios: unha dirixida ás vinculadas ao sector do turismo en colaboración coa Reserva de Biosfera Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo, e outra para compañías que pertenzan a outros ámbitos económicos.

Por unha banda, o Concello e a Reserva acaban de arrincar un servizo de asesoramento destinado aos empresarios do sector turístico de Carral. Como sinala o goberno local, “ou turismo é un sectores en desenvolvemento máis importantes do noso municipio e un dous que máis vai sufrir ou impacto dá crise do COVID-19”.

Por medio desta prestación, que se realizará de forma telemática e individual, informarase sobre as seguintes cuestións: liñas de axuda, vantaxes de formar parte da Marca de Calidade da Reserva de Biosfera, recomendacións e medidas hixiénico-sanitarias que se están anunciando desde o Goberno Central, etc.

Doutra banda, o Concello tamén puxo en marcha a Axencia de Desenvolvemento Local. Desde este departamento, ofrecerase orientación e consello ás persoas emprendedoras e ás empresas que non estean vinculadas co turismo. En concreto, a persoa encargada de executar este servizo ofrecerá información en materia fiscal, laboral e contable. Ademais, explicará ás persoas usuarias as distintas subvencións e liñas de axuda.

Para acceder a calquera das dúas iniciativas, os veciños e veciñas deberán contactar co Concello a través do teléfono 678 338 872 ou do correo comercioeturismo@carral.es. En función de se se trata dunha empresa do sector turístico ou doutro tipo de empresa, a súa solicitude redirixirase a unha ou outra vía.