Hoxe formalizouse a doazón aos voluntarios de AVPC Protección Civil Camariñas da achega económica que terían que recibir os concelleiros e concelleiras da corporación pola asistencia á sesión e que suma un total de 1.300 euros.
No acto de entrega, ademais da alcaldesa de Camariñas, Sandra Insua, o portavoz do PP, Mauricio Aufiero; e a portavoz do BNG, Ilva Carril, estiveron o presidente da Agrupación, Manolo Mouzo, e o seu tesoureiro, Jose Manuel Tedín.