Saturday 16 de November de 2024

Inés Rey: “Agora é máis necesario que nunca falar de axuda, memoria, respecto, solidaridade, lembranza ou homenaxe”


 

O concello decretou hoxe loito oficial e a Corporación municipal garda un minuto de silencio en lembranza das vítimas do Covid-19.

A Corporación Municipal gardou esta mañá un minuto de silencio polas vítimas do coronavirus. Inés Rey, acompañada polas concelleiras e concelleiros da Corporación, homenaxeou na praza de María Pita ás persoas falecidas pola pandemia. As bandeiras do pazo municipal ondean hoxe a media hasta.

A rexedora sinalou que “agora é máis necesario que nunca falar de axuda, memoria, respecto, solidaridade, lembranza ou homenaxe. Unha sociedade adulta sempre ten presente ás vítimas”. Para a alcaldesa, unha cidade madura non dubida á hora de recordar a súa xente Por iso hai días que declaramos o loito oficial na Coruña. “O necesario ánimo colectivo non pode pasar por riba da dor que nos provocou a pandemia. Porque este drama non é abstracto, senón que ten nomes e apelidos. A
quen desde aquí lembraremos sempre”, apuntou Inés Rey.
“A Coruña vai coser unha rede de protección para a súa xente. É o mínimo que podemos facer por quen nos deixou. Tamén por quen estamos e os que virán, esas pequenas e pequenos que tantas leccións nos están dando nestas semanas”.
Avanzaremos, apuntou, desde o loito que hoxe representamos oficialmente e ao que lle engadimos espírito construtivo. “Traballaremos coa memoria como motor, porque así se construíu e se construirá esta resistente cidade que chamamos A Coruña”, engadiu.