Os e as profesionais dos centros cívicos levan subido máis de 500 vídeos nesta modalidade telemática, que poden desfrutar tanto as persoas inscritas como as non inscritas ao tratarse dunha canle aberta
Desde que se iniciou o Estado de Alarma, a Concellería de Benestar Social, Igualdade e Participación pon a disposición da cidadanía en Internet o Programa de Actividades Socioculturais da Rede de Centros
Cívicos, un referente na dinamización sociocultural da veciñanza e os barrios da cidade á que o concello lle deu unha volta co fin de seguir trazando unha rede en liña e evitar agravantes entre as persoas que están sen compaña nestas semanas de confinamento. Estas actividades en liña recibiron ata o día de hoxe máis de 70.000 visitas de usuarios e usuarias da rede, que desfrutaron este programa a través da canle de YouTube “Coruña Acompaña”, que xa conta con 1.110 suscritores e suscritoras.
Nesta modalidade telemática, os e as profesionais dos centros cívicos suben á rede sesións de continuidade das actividades que comezaran no mes de xaneiro, podendo destrutar destas tanto as persoas inscritas como as non inscritas xa que a canle é aberta. Ata o momento xa se subiron máis de 500 vídeos.
A Concellería de Benestar Social tamén emprega unha canle de difusión vía SMS para actualizar información semanalmente ás persoas usuarias. Ao mesmo tempo, as actividades e modalidades vanse ampliando paulatinamente en función da súa demanda.
Ademais, as persoas dinamizadoras dos centros cívicos levan contactando por teléfono desde hai semanas con todas as persoas inscritas nas actividades para informarlles desta iniciativa e para ofrecerlles ás persoas inscritas nas actividades de Cultura Xeral e Memoria o servizo de entrega a domicilio dos materiais complementarios que os e as profesores/as propóñenlles imprimir nos vídeos da
canle de Youtube. Estas actividades repártense ás persoas usuarias todos os martes a través do Dispositivo especial de voluntariado do concello.
Canto aos nenos e nenas das actividades infantís, contactóuselles a todos por teléfono para ofrecerlles o servizo de entrega a domicilio de material: 140 crianzas pediron que se lles achegaran recursos á casa. A maioría destes nenos e nenas están inscritos nas clases de reforzo educativo, que ademais son actividades que contan cun novo sistema de resolución de dúbidas por videoconferencia para que o alumnado poida preguntarlle ao profesorado todas as cuestións pendentes pola vía telemática.