Previa á final xogarase o terceiro e cuarto posto, e un partido entre xogadores do Deportivo da Coruña e do Celta de vigo, que tamén poderán ser vistos en directo
Mañá domingo xógase a final do primeiro Torneo Cidade da Coruña de eSports FIFA20 entre os participantes Dieguiitoo08 e danielcol10. Será ás 21:20 horas e se retransmitirá por streaming desde a páxina web do Concello da Coruña https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/esports- concello-da-coruna-fifa20 e que disfrutaremos narrada por Xosé Luis Núñez xunto a Oscar Cruz, “caster” especializado en eSports.
Antes da final, ás 20:45 h, e tamén retransmitido por streaming, e narrado por Pepe Torrente e Santi Peón da cadena Cope Galicia xunto a Oscar Cruz, xogarase o noso primeiro eDerby entre David Simón polo R.C. Deportivo da Coruña e Diego Pampín polo R.C. Celta de Vigo.
Tamén se disputará mañá o encontro que determinará o terceiro e o cuarto posto definitivo deste I TORNEO CIDADE DA CORUÑA de eSports FIFA 20. Será ás 19:30 horas, tamén emitido por streaming, entre os players DOPITRON vs Jorge Gallego.
PREMIOS
O campión recibirá unha PlayStation 5, un xogo do FIFA 21 e a invitación para xogar un partido de FIFA 20 contra o gañador do partido de FIFA 20 disputado por futbolistas profesionais do R.C. Deportivo contra o R.C. Celta de Vigo.
O segundo Clasificado recibirá unha PlayStation 5 e un xogo do FIFA 21.
O terceiro Clasificado: recibirá unha PlayStation 5.
O cuarto Clasificado recibirá un xogo do FIFA 21 e un vale por unha subscrición anual de PlayStation Network que se lle entregará xunto co xogo citado.
Ademais, entre o resto de participantes sortearanse os seguintes agasallos: Dúas consolas PlayStation 5, 10 Unidades do xogo FIFA 21 e 10 Vales de subscrición anual de PlayStation Network.
Neste I Torneo eSports Cidade da Coruña inscribíronse algo máis de 500 persoas das que, finalmente, 444 cumprían as bases da convocatoria. Foronse emparellando en distintas roldas eliminatorias aleatorias ata chegar ás semifinais e a final desta fin de semana.
Desde a Concellería de Deportes valoramos moi positivamente o elevado número de participantes e o discorrer das distintas xornadas, o que nos leva a considerar outras convocatorias semellantes nun futuro inmediato. A concellería tamén agradece a colaboración de Maritime Global Services, da Cadea Cope Galicia, e o traballo dos e das técnicas municipais na coordinación e desenvolvemento deste I
Torneo eSports.