Un total de 659 crianzas están dadas de alta no servizo municipal, que se
está a prestar tamén nas datas festivas
A Coruña, 2 de mayo de 2020.- O concello repartiu máis 20.000 menús do
programa Bolsa comedor desde que comezou o estado de alarma. O servizo,
explican desde a Concellería de Benestar Social, segue a funcionar tamén nas
xornadas festivas coma a de onte, en que se entregaron os kits de comida ás
familias beneficiarias da bolsa.
A intención do Goberno local é a de seguir reforzando os servizos municipais
destinados a protexer á crianza máis vulnerable, consciente da situación complicada
que viven moitas familias da cidade.
Un total de 659 nenas e nenos están dados de alta no programa, dos que 99
reciben os menús na súa casa a través do persoal voluntariado do concello e de
Protección Civil. Durante este tempo, as familias recollen o menú no colexio que lles
asignan os responsables de Benestar Social. E se non poden saír do seu domicilio,
un equipo de voluntarios lévanllo á casa.
Os centros educativos onde se fai a repartición son: Víctor López Seoane, María
Pita, Raquel Camacho, Salgado Torres, Fogar de Santa Margarida, e Grande Obra
de Atocha,