A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradécelle á empresa vimiancesa “a adaptación tan rápida ao contexto sanitario que estamos a vivir” e asegurou que “desde o goberno continuaremos apostando polas empresas locais”.
O Concello de Vimianzo adquirirá soportes
realizados pola empresa vimiancesa de referencia no sector do metal,
chamada GERCA, para a instalación de botes de xel hidroalcohólico en
todas as dependencias municipais.
Tratase da fabricación de elementos destinados á suxeición de
dispensadores de xel hidroalcohólico. Son pezas configuradas de xeito
artesanal por parte do corpo de traballadoras e traballadores e haberá
varias modalidaded de diversos cores. Búscase así aumentar as medidas
hixiénicas nas dependencias municipais de cara ás medidas de
desescalamento e a volta á “nova normalidade”.
Desde o Concello, tamén se plantexa incorporar estas pezas para todo o
tecido empresarial e industrial do municipio, a destacar supermercados,
perruquerías, panadarías e resto de pequeno comercio.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, agradécelle a GERCA “o seu traballo e a
pronta adaptación ao contexto sanitario que estamos a vivir ”e asegurou
que “desde o goberno continuaremos apostando polas empresas locais xa
que é de agradecer a enorme iniciativa que está a ter o noso tecido
empresarial, que de por si é moi forte”.
A rexedora rematou destacando que “estes produtos servirán para
aumentar a seguridade das veciñas e veciños de cara á apertura
progresiva da nova vida”.