Superando as previsións
máis optimistas do Concelllo, o novo programa formativo online
Ribeira.Academy activado na medianoite pasada esgotou todas as
súas prazas (mil en total, para 88 cursos de 20 temáticas diferentes)
intres antes das tres da tarde, apenas quince horas despois do inicio
do prazo de inscrición. De feito, as expectación foi tan grande que
nos primeiros minutos a páxina web www.ribeira.academy
experimentou algún problema técnico provocado polo feito de que
había máis dun milleiro de persoas conectadas a un tempo.
En vista do resultado, e segundo informou hoxe o alcalde Manuel
Ruiz, se está avaliando a posibilidade de ampliar a oferta con novas
prazas, pero indo dirixidas exclusivamente aos cidadáns afectados
polo Covid-19, en sintonía coa firme aposta do Concello de
proporcionar formación e novas habilidades durante o Estado de
Alarma cun paquete online e gratuíto, único na historia de Barbanza.
A partir deste luns, procederase a realizar a comprobación de datos
aportados polos usuarios e que cumpran os dous únicos requisitos
para realizar esta formación: ser maior de 16 anos e estar
empadroado/a en Ribeira.
Idiomas, ofimática, saúde, loxística e márketing, as máis
demandadas.
Houbo unha relevante acollida por parte dos ribeirenses en disciplinas
como Nutrición e diétetica e Atención a usuarios con necesidades
especiais —con máis de 60 prazas solicitadas cada un deles—,
xestión loxística e cursos de marketing e administración de empresas
—mais de 40 alumnos— e o cursos de manipulador de alimentos —
máis de 30 solicitudes— entre outros. Pero os cursos máis
demandados foron os de idiomas (inglés e francés con niveis que
abarcaban do A1 ó C1) con máis de 120 alumnos inscritos e os
cursos de ofimática (Microsoft Excel, Word, Power Point e Access).
Dende a súa inscrición, os usuarios dispoñen de 3 meses para poder
completalo, cunha forma integramente online e accesible durante as
24 horas do día, calquera día da semana.