Friday 22 de November de 2024

O Concello de Cariño entregará máscaras reutilizables aos colectivos profesionais que retomasen a súa actividade ou o teñan previsto


Están fabricadas artesanalmente con material homologado pola deseñadora ferrolá María Barcia.

O Concello de Cariño continúa facendo chegar máscaras reutilizables aos colectivos
afectados polos cambios normativos. Despois de anunciar que todos os nenos e
nenas do municipio recibirán este material de protección –que se espera sexa
entregado durante estes días- agora será a quenda para os traballadores, tanto para
aqueles que xa retomasen a día de hoxe a súa actividade laboral como para os que
teñan previsto renovala a partir da próxima semana.
Tras a repartición de máscaras e pantallas protectoras levado a cabo durante as fases
máis duras do Estado de Alarma entre aqueles sectores laborais básicos que nunca
cesaron na súa actividade, agora a entrega enfócase aos colectivos profesionais que
se incorporaron recentemente ao traballo ou vaian facelo a próxima semana na
Fase 0 da desescalada anunciada polo Goberno.
Estas máscaras das que dispón o Concello son reutilizables e están fabricadas
artesanalmente pola coñecida deseñadora ferrolá María Barcía, que tamén colaborou
en leste mesmo sentido, entre outros, co Hospital Arquitecto Marcide de Ferrol.
Para a súa elaboración utiliza Tecido Non Tecido (TNT), o material homologado polo
Estado para este tipo de máscaras caseiras. Adicionalmente tamén se conta con medio
centenar de pantallas que serán entregadas baixo demanda.

Entrega inminente
Mañá sábado día 2 de maio abriranse as oficinas municipais para comezar a
repartición a empresarios dos diferentes sectores, a excepción do pesqueiro.

No caso do sector do Mar, o Concello fará a repartición en colaboración coa
Confraría de Pescadores. Desde o depósito enviouse unha lista co número de embarcacións,
tripulantes, mariscadoras, percebeiros e redeiras que necesitan
máscara e o goberno local xa subministró o stock suficiente para que sexa a propia
Confraría a que distribúa o material entre os diferentes traballadores a partir do
luns día 4 de maio.
O alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, explicou que “xa levabamos un tempo
realizando as xestións necesarias para poder levar a cabo esta repartición en previsión
de que, na fase de desescalada do Estado de Alarma, irían aumentando
progresivamente o número de empresas que retomasen a súa actividade e serían
necesario extremar as medidas de protección en todos os sectores profesionais”.