Friday 22 de November de 2024

O Concello de Noia entregará un “kit de arranque” a todos os comercios do municipio


Unha achega gratuíta composta, como mínimo, por dúas pantallas protectoras, dúas máscaras FPP2 e unha garrafa de xel hidroalcóholico
O Concello de Noia, en colaboración coa asociación de comerciantes
Noia Histórica e co consenso de todos os grupos políticos municipais, vai subministrar a
todos os establecementos comerciais do municipio un “kit de arranque” para colaborar cos
nosos comercios no proceso de reapertura nas Fases 0 e 1 da desescalada aprobada polo
Consello de Ministros de data 28 de abril de 2020.
Con esta medida, o Concello de Noia achegará de forma gratuíta a cada establecemento do
municipio, estea ou non asociado a Noia Histórica, un kit composto, como mínimo, por dúas
pantallas protectoras, dúas mascaras FPP2 e unha garrafa de xel hidroalcohólico. A
concelleira de Comercio, Mariola López Cierto, explica que se trata “dunha medida que o
Concello de Noia toma para apoiar ao comercio local e axudarlle a paliar as consecuencias da
crise sanitaria e económica provocada pola pandemia do COVID-19, unha vez visto o Plan
para a transición cara unha nova normalidade aprobado polo Consello de Ministros hai un
par de días”.
Os establecementos interesados en participar na campaña deberán cubrir un modelo de
solicitude, que o Concello aprobará en breve xunto coas bases, e da que se fará difusión a
través da sede electrónica municipal e da páxina web. Esta solicitude deberá ser presentada
no Rexistro Municipal do Concello de Noia, presencial ou telematicamente, incluíndo os
seguintes datos:
– Denominación do establecemento comercial
– CIF ou NIF do titular
– Actividade comercial que se desenvolve en dito establecemento
– Número de empregados do establecemento
– Número de metros cadrados do local comercial
– Identificación (nome completo e DNI) da persoa encargada da recollida do material.
Debido ás fases previstas polo Goberno de España no Plan para a transición cara a unha
nova normalidade, o subministro deste material farase tamén en dúas fases:
– Nos vindeiros días, para os establecementos que abrirán a partires do 4 de maio.
FASE 0: locais e establecementos con cita previa para a atención individual de
clientes.
– Antes do 11 de maio, para os establecementos de pequeno comercio cunha apertura
prevista na FASE 1.