Friday 22 de November de 2024

A Escola de Xadrez de Lousame obtén uns bos resultados no I Torneo Provincial de Xadrez Xogade, disputado a través de Internet


A Escola de Xadrez de Lousame ben de obter uns bos resultados no I
Torneo Provincial de Xadrez-Xogade, competición en liña a través da plataforma web
Lichess na que participaron preto de 150 nenos e nenas da provincia da Coruña nas
categorías sub 10 e sub 14. De feito, os xogadores lousamiás mesmo acadaron un meritorio
quinto posto na clasificación final da categoría Sub-14, quedando así ás portas da fase final
que rematou gañando o Xadrez Brétema.
Os once rapaces e rapazas integrantes da Escola de Xadrez de Lousame recibirán unha
medalla conmemorativa da súa participación no torneo, no que xogaron contra todos os
participantes no torneo, salvo os do seu propio equipo. A entrega de premios terá lugar unha
vez rematado o confinamento.
O torneo foi organizado pola Agrupación Deportiva As Rías, en colaboración co programa
Xogade da Xunta de Galicia. Tivo lugar a través da plataforma de xadrez en liña lichess.org
os pasados 18 e 19 de abril e nel participaron diversos clubs de Santiago (Escola de Xadrez
Compostela, USC e Peleteiro), Lousame, Noia, A Pobra, Oroso, Vedra, Ames, Val do Dubra,
Negreira e Narón.
Iniciación ao xadrez
Por outra banda, o profesor Alberto Dios, da Escola de Xadrez de Lousame, vai poñer en
marcha un Curso de Iniciación ao Xadrez, clases gratuítas para nenos e adultos a través de
Internet que terán lugar no mes de maio. Unhas sesións dirixidas a persoas que non coñezan
este xogo, pois aprenderán as regras xerais e os movementos das distintas pezas. As
inscricións poden realizarse a través do WhatsApp 633 447 674 ou no mail
albertodiosqu@hotmail.es .