Friday 22 de November de 2024

A Xunta de Galicia leva entregadas aos concellos da comarca de Ferrolterra 116.921 unidades de material de protección para facer fronte á Covid-19 desde o inicio da crise


Esta mesma semana enviouse unha nova partida de 7.100 luvas, 5.300 máscaras e 246 traxes antisalpicaduras

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da área e da cidade de Ferrol a partida inclúe 5.300 máscaras, 7.100 luvas, 246 traxes antisalpicaduras e 102 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área de Santiago 12.148 unidades de protección esta semana.

Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca de Ferrolterra incluída a cidade en conxunto, 116.921 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 58.432 máscaras, 56.500 luvas, 1.887 traxes e 102 pantallas faciais, enviados en dez entregas desde o inicio da crise do coronavirus.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Cómpre lembrar que nun primeiro momento, o Goberno repartiu material de protección ao 100% dos concellos da área coruñesa priorizando ao inicio aos concellos pequenos e medianos e ampliando, posteriormente, as entregas ás cidades. A Xunta está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación e a petición da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

MATERIAL DE PROTECCIÓN ENVIADO Á COMARCA DE FERROLTERRA DESDE O INICIO DA CRISIS DO CORONAVIRUS

CONCELLO LUVAS MÁSCARAS TRAXES
Ares 3690 2372 45
Cabanas 1400 1640 109
Capela, A 700 733 69
Cedeira 2590 2573 78
Cerdido 700 716 69
Fene 2090 3440 146
Ferrol 20000 16410 235
Mañón 700 751 69
Moeche 700 731 69
Monfero 1300 1390 97
Mugardos 2290 2173 44
Narón 3890 7815 107
Neda 2390 2215 73
Ortigueira 1890 2057 88
Pontedeume 2590 2934 83
Pontes de García Rodríguez, As 2790 3218 106
San Sadurniño 1400 1567 109
Somozas, As 700 713 69
Valdoviño 1890 2338 91
Vilarmaior 1400 914 23
Cariño 1400 1732 109
TOTAL 56.500 58.432 1.888

.