Esta mesma semana enviouse unha nova partida de 5.280 luvas, 3.850 máscaras e 189 traxes antisalpicaduras
A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte a partida inclúe 3.850 máscaras, 5.280 luvas, 189 traxes antisalpicaduras e 79 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área de Bergantiños-Costa da Morte 9.398 unidades de protección esta semana.
Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca de Bergantiños-Costa da Morte en conxunto, 74.008 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 38.009 máscaras, 34.580 luvas, 1.340 traxes e 79 pantallas faciais, enviados en dez entregas desde o inicio da crise do coronavirus.
Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.
Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.
Cómpre lembrar que nun primeiro momento, o Goberno repartiu material de protección ao 100% dos concellos da área coruñesa priorizando ao inicio aos concellos pequenos e medianos e ampliando, posteriormente, as entregas ás cidades. A Xunta está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación e a petición da Federación Galega de Municipios e Provincias.
Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.
Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.
MATERIAL DE PROTECCIÓN ENVIADO Á COMARCA DE BERGANTIÑOS-COSTA DA MORTE DESDE O INICIO DA CRISIS DO CORONAVIRUS
Concello LUVAS MÁSCARAS TRAXES
Cabana de Bergantiños 1400 1740 99
Camariñas 2440 2148 45
Carballo 3190 6482 217
Cee 1890 2472 98
Cerceda 1590 1891 109
Corcubión 1400 1333 98
Coristanco 2340 2373 41
Dumbría 2190 1650 55
Fisterra 2490 1999 81
Laracha, A 2890 3473 89
Laxe 1300 1555 99
Malpica de Bergantiños 2490 2229 77
Muxía 2590 1970 37
Ponteceso 2390 2257 41
Vimianzo 2590 2611 46
Zas 1400 1826 109
TOTAL 34.580 38.009 1.340