Saturday 16 de November de 2024

A Xunta de Galicia leva entregadas aos concellos da comarca do Barbanza 57.907 unidades de material de protección para facer fronte á Covid-19 desde o inicio da crise


 

Esta mesma semana enviouse unha nova partida de 3.300 luvas, 2.600 máscaras e 72 traxes antisalpicaduras

A Xunta de Galicia realizou esta semana un novo envío de material de protección fronte á COVID-19 con destino aos concellos galegos. No caso concreto dos concellos da comarca do Barbanza a partida inclúe 2.600 máscaras, 3.300 luvas, 72 traxes antisalpicaduras e 52 pantallas faciais. En total, enviouse aos concellos da área do Barbanza 6.014 unidades de protección esta semana.

Ata o de agora, o Goberno galego leva entregados aos municipios da comarca do Barbanza en conxunto, 57.907 unidades de material de protección desde o inicio da crise sanitaria para os servizos municipais que presta. En total foron 32.650 máscaras, 24.150 luvas, 1.055 traxes e 52 pantallas faciais, enviados en dez entregas desde o inicio da crise do coronavirus.

Un material que, segundo a información facilitada polas propias cidades e concellos está sendo destinado a está sendo destinado para o seu uso, principalmente, no Servizo de Axuda no Fogar, e servizos básicos de Protección Civil, Policía Local ou transporte público.

Entre as partidas enviadas inclúense asemade botes de xel hidroalcohólico, garrafas de desinfectante e unidades de lixivia.

Cómpre lembrar que nun primeiro momento, o Goberno repartiu material de protección ao 100% dos concellos da área coruñesa priorizando ao inicio aos concellos pequenos e medianos e ampliando, posteriormente, as entregas ás cidades. A Xunta está centralizar as peticións dos concellos en relación coas necesidades de material, en coordinación e a petición da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Os criterios de reparto están consensuados coa Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e realízanse en base a criterios obxectivos tendo en conta a poboación, o número de casos positivos, o número de efectivos de Policía, o número de voluntarios de Protección Civil, e o número de horas do servizo de axuda no fogar.

Con esta medida, Goberno galego pretende dotar do equipamento necesario ás entidades locais para que o persoal dos servizos municipais involucrados na loita contra a expansión do coronavirus e que seguen a traballar como é o caso de Protección Civil ou os servizos de axuda no fogar para que conten co material de protección que precisan.

MATERIAL DE PROTECCIÓN ENVIADO Á COMARCA DO BARBANZA DESDE O INICIO DA CRISIS DO CORONAVIRUS

CONCELLO LUVAS MÁSCARAS TRAXES
Boiro 2890 4544 107
Carnota 1400 1745 109
Lousame 2240 1611 55
Mazaricos 2040 1712 33
Muros 2040 2766 102
Noia 2390 3659 102
Outes 2090 2226 151
Pobra do Caramiñal, A 1890 2788 101
Porto do Son 1790 2641 87
Rianxo 2190 3148 102
Ribeira 3190 5810 107
TOTAL 24.150 32.650 1.056