Saturday 16 de November de 2024

O Concello de Malpica fai entrega de tarxetas de Internet para as familias con menos recursos


En coordinación coa empresa Syryl, búscase minimizar a fenda dixital nestes momentos de crise sanitaria.

O Concello de Malpica fixo entrega de tarxetas de datos para as
familias con menos recursos, facendo así posible que a rapazada dos núcleos
familiares con menos recursos poidan seguir ampliando coñecementos e seguir as
clases de forma telemática.
En coordinación coa empresa Syryl, que rexenta un veciño malpicán, preténdese
minimizar a fenda dixital que supón a etapa de confinamento e de asistencia a clase de
maneira telemática, así como acceder a contidos educativos única e exclusivamente a
través de Internet.
A concelleira de Educación, María Álvarez, destaca que “lle fixemos chegar estas
tarxetas para que puidesen ter acceso a Internet. Unha crise sanitaria produce moita
desigualdade e é a nosa tarefa minimizala en todo o que poidamos”, sinalaba a edil.
Pola súa banda, o alcalde de Malpica, Walter Pardo, quixo agradecr a “Syryl, a
empresa dun veciño, que nos facilitase este material. En coordinación tanto con eles
como cos centros educativos, podemos facer chegar os contidos á rapazada que por
diversos motivos non pode consultar. É a nosa obriga, e por iso estamos aquí, prestar
asistencia a todas as veciñas e veciños, especialmente ás que máis o necesitan”,
remarcaba o alcalde.