A campaña “Ao paso dos versos” pretende achegarlle esta arte en movemento á cidadanía a través dos blogs e das redes sociais destes centros
As Bibliotecas Municipais súmanse á celebración do
Día Internacional da Danza e encherán ao longo da xornada de hoxe todos os seus
espazos virtuais con referencias a esta arte. Co lanzamento da campaña “Ao paso
dos versos”, os centros municipais queren unirse a aquelas persoas que nestes días
non tiveron motivos polos que bailar mais que atoparon unha razón para o faceren.
Nos seus blogs e a través das redes sociais, abordarán contidos dirixidos a todos os
públicos coa danza como fío condutor, contemplada desde diversas perspectivas.
Desde o contacontos “Un tigre con tutú” a unha listaxe virtual de coreografías en
“Bibliosons” ou un podcast coa lectura da autobiografía da bailarina moscovita Maya
Mijáilovna Plisetskaya, a rede municipal de bibliotecas ensinará e entreterá en
movemento a toda a veciñanza que así o desexe. As actividades para conmemorar
esta efeméride pódense consultar na web
https://www.coruna.gal/bibliotecas/gl/actividades/actividades-destacadas-2020/dia-
da-danza.