Friday 22 de November de 2024

Cultura colaborará coa Real Academia Galega de Belas Artes en accións conxuntas para impulsar o traballo das e dos creadores locais


O presidente da institución, Manuel Quintana Martelo, agradece nun vídeo a preocupación da concellería pola situación das e dos artistas ante a que posiblemente será unha das maiores crises culturais até o momento
O presidente da Real Academia Galega de Belas
Artes, Manuel Quintana Martelo, mantivo recentemente contacto telefónico co
concelleiro de Cultura, Jesús Celemín, para lle agradecer as iniciativas de apoio que
está tendo o concello co fin de impulsar o traballo das e dos artistas plásticos locais,
así como a preocupación que está amosando o equipo municipal polo futuro do
sector.

A través dun vídeo https://www.youtube.com/watch?v=1tvfD0_H2cM, gravado
dentro do programa da Concellería de Cultura “A nosa Arte en corentena”, en que
as creadoras e os creadores da cidade falan da súa obra e de como están pasando
este período de confinamento, Quintana Martelo abordou a situación do sector en
Galicia e na Coruña ante a que posiblemente será unha das maiores crises culturais
até o momento.

A Concellería de Cultura ofreceuse a colaborar ao longo das próximas semanas coa
Real Academia Galega de Belas Artes na formulación dunha serie de accións para
apoiar todas as disciplinas que comprenden o sector cultural da cidade, e que irán

en paralelo a outras que está desenvolvendo a institución con outros organismos
públicos galegos de cara a minimizar o impacto desta gran crise.