Detectáronse varios casos que afectan tanto do CEIP de Cariño como do IES Cabo Ortegal.
O Concello de Cariño púxose ao choio para habilitar acceso á rede a un
grupo de alumnos pertencentes os centros educativos do municipio, tanto do CEIP
de Cariño como do IES Cabo Ortegal que carecían do mesmo. E fíxoo en colaboración
co provedor local de telecomunicacións “ Martul”.
Nun primeiro momento, cando o Concello detectou que había nenos e nenas que non
tiñan conexión a internet nas súas casas, desde o consistorio acordouse coa
dirección do centro o solicitar que a Xunta de Galicia cubrise estas necesidades xa que
os alumnos non estaban a poder acceder a descargar as actividades que lles
asignaban desde os centros educativos.
Pasados os días, e en vista de que a situación lonxe de mellorar empeoraba, o
goberno local mantivo conversacións cos centros educativos para coñecer con exactitude
cales eran os alumnos e alumnas que se atopaban nesa situación e
coordinar o modo de habilitar unha conexión a internet de maneira temporal -polo menos
mentres non se revogue o Estado de Alarma ou se produza o retorno ás aulas- na
casa deses nenos e nenas.
Tras ser detectados os casos, e obter o consentimento dos afectados, o
goberno local púxose en contacto co provedor de telecomunicacións local
‘ Martul’, quen se brindou a colaborar altruistamente en todo o que supuxo crear o
acceso a Internet en todas estas casas así como o seu mantemento.
“Xa se realizaron case todas as instalacións, que se acabarán estes días,
atendendo primeiro os casos considerados máis urxentes. Faise a través da rede
WiMAX/Wimax na maioría dos casos, excepto nalgún no que se terá que instalar
un acceso 4 G ordinario”, explicou o alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar.
Alonso Pumar quixo ademais agradecer a total colaboración do provedor local xa que
“desde un primeiro momento actuou coa mellor das predisposicións facéndose
cargo da instalación” e explicou que “desde o Concello detectamos a situación e a pesar de que
a educación é unha competencia exclusivamente autonómica non
podiamos permitir que estas circunstancias excepcionais que estamos a vivir
fagan que algún alumno póidase quedar descolgado e non teña ao seu alcance o
mesmo nivel de educación que o resto”.