O Concello de Ribeira vén de recibir esta mañá as 15.000 mascarillas que, como xa fora anunciada, tivo a ben doar a empresa conserveira local Frinsa: unha notable aportación de cara á última fase do reparto domiciliario destes elementos entre toda a poboación do municipio.
Dende a Comisión de Seguimento de Evolución do COVID-19 agradeceuse na súa sesión de hoxe esta doazón, así como a da empresa ABC Boiro polo subministro de 50 pantallas de protección individual.
No que se refire á situación do reparto domiciliario, cómpre informar de que tras a conclusión na fin de semana da distribución por Palmeira, o Concello afronta agora as súas dúas últimas parroquias, que son a súa vez as máis populosas: Aguiño e Santa Uxía, na que se comezará polos seus núcleos periféricos antes de afrontar o casco da cidade.
No capítulo de denuncias por vulnerar o confinamento, tramitouse unha máis cinco actas de requirimento.
Arcos de control de temperatura e desinfección
Por último, cómpre informar tamén de que, no marco do plan local de desescalada, a Comisión deu luz verde ao encargo de tres arcos de control de temperatura e desinfección que serán colocados na entrada de diversas dependencias de titularidade municipal.