Friday 22 de November de 2024

O Concello de Miño pon en marcha o portal web en apoio ao tecido comercial


Mercaenmino.es, o portal web impulsado desde a administración miñense, está en funcionamento desde hoxe, domingo 26 de abril.
O Concello de Miño avanzaba a pasada semana a posta a punto do sitio web mercaenmino.es,
plataforma dixital de apoio ao tecido comercial do municipio. Nesta primeira fase, a web é básica e
o sistema de vendas é manual, cun formulario de contacto.
Irase puíndo aos poucos e nunha segunda fase -que xa está en marcha e será máis avanzada- darase
conta dun catálogo dos produtos clasificados por categorías (calzado, roupa, útiles hixiénicos,
mobiliario, ferramentas…) onde o consumidor poderá elixir o produto e o sistema levaralle
directamente ao TPV virtual para realizar o pago de forma directa.
A idea é que unha empresa de paquetería encárguese da entrega dentro do termo municipal daqueles
produtos que se adquiran neste sitio web.
O Concello agradece a colaboración desinteresada do deseñador da páxina, así como a participación
indispensable da Asociación de Empresarios de Miño, e anima a consumidores e empresarios a usar
mercaenmino.es para sentar as bases do futuro do comercio local, priorizando a proximidade do servizo, a
calidade do produto e o consumo de proximidade.
“As tendas e negocios dos nosos veciños están a esperar por nós para seguir ofrecéndonos
bos produtos, cun bo servizo, trato persoal e un sorriso. O comercio de Miño entra no século
XXI cunha iniciativa que contribúe ao desenvolvemento local, xera emprego e revitaliza o pobo, mellora as
relacións entre veciñas e veciños e significa un claro compromiso coa sustentabilidade”, declara o alcalde,
Manuel Vázquez Faraldo, convidando a todas e todos a comprar desde hoxe mesmo a través deste novo
espazo web.