Máis de 60 familias fan uso do servizo de impresión de deberes, namentres que máis de 160 persoas usuarias fan uso dos obradoiros de memoria .
O Concello de Vimianzo incrementa cada semana
o número de solicitudes nos servizos de entrega a domicilio. Máis de 60
familias fan uso do servizo de impresión de deberes, namentres que máis
de 160 persoas usuarias se benefician da impresión das fichas de
memoria.
Desde que se decretou o estado de alarma o pasado 14 de marzo, o
Concello de Vimianzo impulsou unha serie de liñas de axuda para
colectivos máis vulnerables, estudantes, persoas maiores e veciñanza en
xeral.
Nesta liña, coordinouse entre o goberno local, Protección Civil, voluntarias
e voluntarios e corpos de seguridade a entrega nos domicilios de produtos
de alimentación e medicamentos mediante as solicitudes que fan chegar
as persoas usuarias ao Concello.
Tamén se impulsou un servizo de impresión de deberes e material dos
obradoiros de memoria, para que as rapazas e rapaces de Vimianzo en
idade escolar non perdan o ritmo do curso durante o confinamento; tamén
para que as persoas maiores poidan seguir exercitándose cognitivamente
na casa.
Ademais, o Concello puxo en marcha un servizo de préstamo de equipos
informáticos para as persoas que carecen dos mesmos e puxo a
disposición da veciñanza unha liña de atención psicolóxica, que tamén
rexistrou un incremento na actividade desde o pasado 14 de marzo.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, afirma que “estes datos son consecuencia
de que moitísima xente demandaba estas axudas, e o incremento nas
NOTA DE PRENSA
mesmas significan que son indispensables para a cidadanía. Seguiremos
axudando a toda a veciñanza reforzando estes servizos durante o
confinamento”, destacaba a rexedora.