Friday 22 de November de 2024

Inés Rey emite un bando dirixido á cativada da cidade para informala do desenvolvemento das súas saídas a partir de mañá


 

A alcaldesa di: “Estades a portarvos como verdadeiras campioas e campións e sodes exemplo de paciencia e alegría”

A alcaldesa, Inés Rey, apela á responsabilidade
das nenas e nenos coruñeses ante a súa primeira saída á rúa para dar unha volta
despois dun mes e medio de confinamento nas súas casas. A rexedora agradécelle
á cativada o seu bo comportamento, “Estades a portarvos como verdadeiras
campioas e campións e sodes exemplo de paciencia e alegría nestes tempos nos
que a mellor forma de loitar contra un inimigo invisíbel é quedar na casa”, sinala nun
bando municipal que se emite hoxe tras publicarse no BOE a resolución do Goberno
do Estado que recolle o desenvolvemento das saídas das/os menores de 14 anos a
partir de mañá domingo.
A alcaldesa lembra que as saídas non poden ser lonxe da casa, que aínda vai ser
un pouco diferente a como estabamos afeitas/os. Só de 9.00 a 21.00 horas. Para
iso, a alcaldesa proponlles ás rapazas e aos rapaces aplicar a regra 1-1-1, ou sexa,
saír só cunha persoa maior, un máximo dunha hora e non máis lonxe dun
quilómetro da casa.
“Podemos levar xoguetes á rúa, pero desta vez (sen que sirva de precedente) non
hai que compartilos. Se encontramos amigas e amigos pola rúa ou alguén da

Nota de Prensa

familia, podemos saúdalas/os e falar con elas/es, pero de lonxe, porque hai que
estar sempre entre un e dous metros de distancia da xente que non vive con nós”,
explícalle Inés Rey á rapazada.
Ademais, a alcaldesa aclara que as áreas de xogos infantís non van estar abertas,
non se pode subir aos tobogáns, ás rodas, aos cabaliños ou aos balancíns, porque
non se pode andar a tocar todos neles.
Si se poderá ir aos espazos naturais e zonas verdes, sempre que estean a menos
de un quilómetro da casa. “Xa sei que todo isto é un pouco estraño, que todas e
tooas queremos que canto antes poidamos volver xogar nas rúas coma antes. Pero
para que iso chegue temos que seguir estas normas”, engade.
E remata o bando afirmando que “agora sei que A Coruña do mañá vai ser a mellor
cidade do mundo. Porque vai contar con vós. Estades a darnos ás persoas maiores
o mellor exemplo de como hai que comportarse, sodes quen máis sentidiño ten.
Grazas á vosa forza, imos conseguilo”.