Friday 22 de November de 2024

O programa da Concellería de Deportes “En liña” supera as 100.000 visitas en Internet


 

Un mes despois da posta en funcionamento desta iniciativa, a páxina web conta con 30 vídeos de exercicios deportivos adaptados a todas as idades
Vai agora un mes que a Concellería de Deportes puxo en
funcionamento a páxina web https://www.coruna.gal/deportes/gl/actividades/en-lina para
axudar ao mantemento do exercicio físico durante o confinamento.
O espazo dixital conta, ata o día de hoxe, cun total de 30 vídeos creados e gravados
polas/os monitoras/es das Escolas Deportivas Municipais, deseñados especificamente para
practicar na casa durante o estado de alarma e adaptados ás distintas idades, distribuídos
do seguinte xeito:
3 vídeos de quecemento e estiramentos, para todas as idades
10 vídeos infantil/xuvenil, para 6 a 17 anos
14 vídeos de exercicios diversos para maiores de 18 anos
3 vídeos de mantemento e tonificación para maiores de 65 anos.
MÁIS DE 100.000 VISITAS
Desde a posta en marcha da web co primeiro vídeo contabilizáronse 104.254 visitas na
páxina, cun total de 24.178 descargas únicas. Os datos evidencian a utilidade deste servizo
público, no que son parte activa tanto monitoras e monitores das Escolas Deportivas
Municipais como o persoal do propio servizo municipal e as/os técnicas/os das áreas de
Informática e Innovación.
OBXECTIVOS DO PROGRAMA
1. Evitar o sedentarismo.
2. Activar o corpo e a mente para mellorar o benestar xeral.

Nota de Prensa

3. Conseguir pasar o menor tempo sentada/o.
4. Contribuír a crear unha rutina diaria de vida saudable.
5. Reducir tempos de pantalla e descansar a vista.
6. Manter e/ou mellorar a forza, coordinación, flexibilidade, resistencia, equilibrio, axilidade,
percepción corporal, espacial, temporal e a relaxación.
“En liña” está dirixido a menores a partir de 6 anos, mocidade, persoas adultas, maiores e
familias enteiras. O material que se precisa para realizar estes exercicios físicos é moi
habitual en cada casa: botellas pequenas de auga, paquetes de arroz ou pasta, medias ou
calcetíns. Este programa pode seguirse desde as redes sociais de Coruña Deporte en
Facebook, Twitter e Instagram. Tamén no canal de Youtube e nas páxinas web do Concello
da Coruña e na propia da Concellería de Deportes.