A sesión tivo lugar hoxe, 24 de abril, e deu comezo ás 13:00 horas.
O Concello de Vimianzo celebrou o seu primeiro pleno
telemático, feito provocado pola crise sanitaria da COVID-19. A sesión tivo lugar
hoxe, 24 de abril, e deu comezo ás 13:00 horas en sesión ordinaria.
Aprobouse por unanimidade a concesión dunha subvención nominativa á
agrupación de Protección Civil, así como a aprobación do plan económico-
financieiro cos votos favorables do grupo do goberno e a abstención do PP de
Vimianzo e de Adiante Vimianzo.
O portavoz de cada grupo político emitiu o voto de cada punto en nome de toda a
súa agrupación, tras acadar a corporación un consenso neste sentido. No
consistorio vimiancés estiveron presentes, e sempre en cumplimento das normas
sanitarias, a alcaldesa, Mónica Rodríguez; a concelleira de Servizos Sociais, María
José Pose; o concelleiro de Obras, Miguel Ángel Pérez e a concelleira de Cultura,
Rosa Blanco.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, quixo comezar a sesión “agradecendo á
corporación, trabaladores municipais, secretaría e intervención, Protección Civil,
Policía Local e ao departamento de Servizos Sociais o seu compromiso. Tamén o
dos sanitarios, dun xeito especial aos do PAC de Vimianzo e aos do Hospital Virxe
da Xunqueira”.
Rodríguez non quixo rematar esta primeira intervención sin lembrarse “de toda a
xente que está a librar esta batalla tan dura, dos que xa non están e das persoas
que desgraciadamente sufriron unha perda nestas circunstancias”, destaca. Mañá,
NOTA DE PRENSA
o Concello de Vimianzo tería que celebrar a XIX Xantar dos Maiores, feito que pola
crise sanitaria non poderá ter lugar.
“Tamén queremos lembrarnos deles, xa que non poderemos celebrar esta
xuntanza no 2020 pero agora o que toca é coidarse”, dixo a alcaldesa. Na sesión
aprobáronse as actas das anteriores, por unanimidade, e decretouse tamén
destinar as dietas de asistencia deste pleno integramente para Cáritas Vimianzo e
Cruz Vermella, por parte de todos e todas os/as concelleiros/as.
Por outra banda, na quenda de rogos e preguntas, saeu a colación o punto de
axudas a comerciantes e hostalería, no que se chegou ao acordo de “achegar
economicamente en todo o posible, pero sempre e cando esteamos amparados
pola lei”, destacou a rexedora.