Friday 22 de November de 2024

O Concello de Muxía comezou o reparto de mascarillas homologadas para toda a veciñanza do municipio


Intensificaronse os labores de reparto desde primeira hora da tarde de hoxe, venres 24 de abril.

O Concello de Muxía comezou a efectuar o reparto porta a
porta de mascarillas homologadas para toda a veciñanza do municipio.
Intensificáronse os labores desde primeira hora da tarde do venres 24 de abril.
Cumplindo con todas as medidas de seguridade que demandan as entidades
competentes en materia sanitaria, farase entrega dun sobre con dúas mascarillas,
hermeticamente pechadas, e irán acompañadas de luvas de protección, un
directorio de números telefónicos e unha carta de apoio a todas as veciñas e
veciños.
O reparto deste material de protección realizouse en Muxía de feito progresivo e a
medida que se contou cos pedidos realizados pola administración muxiá. Así,
comezouse polo tecido comercial que está a desempeñar a súa actividade nestes
momentos, e tamén polos colectivos de persoas en maior risco de vulnerabilidade.
O alcalde, Iago Toba, insistiu que “continuamos traballando para achegar material
de protección a todas as veciñas e veciños de Muxía, de maneira progresiva.
Fixémolo en canto nos foron entregados os pedidos, que estaban xestionados desde
hai varias semanas pero debido á demanda existente no mercado, non foi viable a
súa entrega”, comenta o primeiro edil.