No IES Monte Neme de Carballo, onde é docente o camariñán Diego Carril, veñen de realizar unha doazón ao Concello de Camariñas de 50 pantallas que se repartirán por todos os comercios do municipio.
Ademais, comprometéronse a facer proximamente entrega doutras 50 pantallas máis.
Este material de protección foi fabricado coas impresoras 3D do centro por Diego e os seus compañeiros Jose Manuel Mahía e Jorge Mallo.
A alcaldesa, Sandra Insua, que recolleu hoxe as pantallas xunto a Diego Carril, agradeceu este “acto de solidariedade”.