Friday 22 de November de 2024

O Concello de Muxía aproba no primeiropleno telemático da comarca o aumento de horas do servizo do SAF


A sesión celebrouse de xeito telemático ás 19:00 horas.

O Concello de Muxía aproba no primeiro pleno telemático da
comarca o aumento no número de horas do Servizo de Axuda no Fogar.
A sesión celebrouse de xeito telemático ás 19:00 horas. A ampliación no horario do
SAF muxián estableceuse mediante un suplemento de crédito, así como da partida
do servizo da lavandería sobre rodas.
Suporá un incremento no gasto de 68.000 euros, ao que o alcalde, Iago Toba,
respondeu que “era moi necesario aumentar o número de horas, xa que se trata de
servizos indispensables nun contexto de crise sanitaria”, comentaba.
Contou cos votos favorables de todos os partidos da corporación muxiá, ao que o
alcalde, Iago Toba, quixo amosar “o compromiso de todas e todos porque esta
situación se solvente o antes posible. É a primeira vez que se celebra un pleno en
Muxía con estas características, desgraciadamente polo contexto que nos tocou
vivir. Quero agradecer o esforzo a Protección Civil, á Policía Local, aos operarios
municipais, ao equipo de voluntariado, aos traballadores administrativos, á
secretaria e á irtenventora.
A Gonzalo de Servizos Sociais por poner este pleno en marcha, aos sectores
afectados, o mundo do sector primario, sanitarios, transportistas e á cidadanía de
Muxía en xeral. Aprendemos día a día a lidiar cunha situación deste calado e
facémolos coa mellor bandeira posible: a unión”, destacaba o rexedor.